jueves, 29 de agosto de 2013

Calma

Será que son un paranoico, que todo me senta mal, que non conseguín superalo.
Será que me tes rabia, que che gusta pincharme, que nin sequera me aprecias.
Síntome mal e parece que nada e ninguén me axuda, e todo me empuxa a unha fuxida encuberta basada en eufemismos, indirectas, secretos e malos entendidos.
Seis meses despois non sabes que dicir, i eu non sei máis que pedir disculpas.
Síntoo.

domingo, 25 de agosto de 2013

cosa sono gli amici?

Una parola dificile di dire. Adesso tu puoi accettare una peticione di amicizia... ma questo non vuole dire amico.
Un amico è piu. Lui o lei sempre li, nel posto giusto per te. Lui o lei sempre sta, non ti dice mai non. Un amico è fiduzia, è pottere dire qualcosa sincera senza paura.
Non ho tanti amici, ma preferisco avere uno o due davero e non dieci senza fiduzia.

viernes, 16 de agosto de 2013

Gafas

Sen saber por que, cada vez me atraes máis. Todo o que me fixo dano pasa a un segundo plano porque non sei o que me pasa que todo perde importancia. Volvo a ser ese tolo que so ten un propósito. Nin sequera o entendo eu así que non vou a poder explicalo.
É unha atración ou unha obsesión ou non sei o que... pero hoxe volvín a quedar sen respiración, así sen previo aviso e estou desconcertado.
Espero verte pronto e que me axudes.

martes, 13 de agosto de 2013

Viaxe #1

Entre lágrimas e calor todo iniciou. Ilusionado e asustado as primeiras pedaladas foron dubitativas e custosas.
Todo se esvaeceu no momento da primeira conversa, do primeiro interés, do primeiro abraio. Así a enerxía apareceu, comezando a esquecerse de todas as cousas superfluas, de todas as trapalladas que atoan os miolos para ocluír as cousas verdadeiramente importantes.
Montgenèvre foi a primeira dificultade, xa a coñecía así que o único que me preocupaba era a calor.
Briançon serviume para facer unha pausa e comer con tranquilidade, ademáis dunha pequena siesta ao carón do río La Guisane. Todo para encarar o Lautaret con ánimo e chegar aos seus 2056m.
O monte volveume a traer a felicidade, a neve, o frío, o aire, a natureza... despois da tarea de buscar un teito baixo o que durmir os meus ollos fixáronse no Galibier, dez kilómetros de esforzo constante ao borde dun precipicio para chegar á cima dunha parte da historia.
Un gran día para comezar que rematou con moito frío, envolto en tres mantas escoitando como as vacas rodeaban o meu refuxio.