lunes, 17 de febrero de 2014

Viaxe #final

Catro días resumidos nunha entrada triunfal. O recibimento da choiva foi o único espectador daquela fazaña.
Pasando dun extremo a outro sen pena nin gloria allea, nin sequera reparei niso. Por primeira vez levei a cabo as miñas propostas, valorando o camiño por enriba do destiño. Superando avarías, dores, reveses e outras calamidades que se quedaban atrás cando volvía a pedalear.
Da Mariña á Costa da Morte, da cidade herculina  á capital, do inferno ao paraiso.
A gran aventura, aquela precursora, aquela que espero imitar, remataba entre bágoas, satisfación, soidade, sufrimento. Xunto coa miña eterna compañeira recorrín paraxes indescriptibles, repartíndonos os danos sufridos que sen dúbida foron máis que compensados coas satisfacións logradas.
Foi o ano dos contrastes, onde perder e gañar é temporal, onde as alegrías te acomodan e os paus te despertan.
Todo aquelo que perdín, evidentemente, faime entristecer. Pero, se isto é o prezo a pagar para lograr as metas soñadas...
Gracias Chaba.