jueves, 12 de junio de 2014

O futuro non chegará hoxe

A verdade é que o futuro so existe no pasado. Parece unha frase moi filosófica ou moi trascendental, pero nada máis lonxe.
No pasado tiñamos un futuro. Se eras bo na clase, a túa mestra louvábate para animarte, e dicíalle aos teus pais que ías chegar lonxe. Pola contra se non acatabas todas as normas e non facías os deberes o teu futuro era un pouco máis escuro, solucionable pero escuro.
Podo imaxinar a un rapaz pensando no que significaría seguir o bo ou o mal camiño, onde o bo tería un bo traballo, viviría na súa propia casa preto dos seus pais, traballaría no pobo onde naceu, sería feliz... mentres que os outros nenos vagos deberían fuxir dalí buscando un lugar no que arrastrarse por unha oportunidade, vagando para atopar un teito e realizando sucios traballos.
Era un pasado complexo pero xusto. Os que se esforzaban tiñan unha vida fácil e feliz.
Gustaríame preguntarlle a esos que tiñan tanto futuro como ven o seu pobo dende a lonxanía, que lle parece que os seus compañeiros de colexio aos que superaban en todos os exames leven dez anos traballando, con piso, coche, parella, mascota e incluso fillos...
Vivimos nun perfecto engano, e podes darte conta aos seis, dezaseis ou aos vinteseis anos... (se te das conta aos trinta e seis desculpa non dicircho antes)
O futuro non chegará hoxe, o futuro comezou hai moitos anos.