martes, 13 de agosto de 2013

Viaxe #1

Entre lágrimas e calor todo iniciou. Ilusionado e asustado as primeiras pedaladas foron dubitativas e custosas.
Todo se esvaeceu no momento da primeira conversa, do primeiro interés, do primeiro abraio. Así a enerxía apareceu, comezando a esquecerse de todas as cousas superfluas, de todas as trapalladas que atoan os miolos para ocluír as cousas verdadeiramente importantes.
Montgenèvre foi a primeira dificultade, xa a coñecía así que o único que me preocupaba era a calor.
Briançon serviume para facer unha pausa e comer con tranquilidade, ademáis dunha pequena siesta ao carón do río La Guisane. Todo para encarar o Lautaret con ánimo e chegar aos seus 2056m.
O monte volveume a traer a felicidade, a neve, o frío, o aire, a natureza... despois da tarea de buscar un teito baixo o que durmir os meus ollos fixáronse no Galibier, dez kilómetros de esforzo constante ao borde dun precipicio para chegar á cima dunha parte da historia.
Un gran día para comezar que rematou con moito frío, envolto en tres mantas escoitando como as vacas rodeaban o meu refuxio.

No hay comentarios:

Publicar un comentario