viernes, 4 de septiembre de 2015

A máis millor

Eu era pequeno, pero moi observador. Ela era pequena, moi pequena, e sempre estaba enfadada.
O efecto dous mil pasou sen pena nin gloria, houbo grandes atentados en importantes cidades occidentais, petroleiros fundidos, boom tecnolóxico, o despertar asiático... e ela segue enfadada.
Ultimamente facemos boas migas, eu intento sacala do seu mundo de tecnoloxía e incomprensión quinceañera e ela intenta facerme comprender que xa é madura e que o que fai é razonable. Ao final, coma en todo, o punto medio da a virtude.
Ela segue enfadada, pero o enfado é unha máscara, o enfado e esa habitación na que agocharse, ou máis ben onde refuxiarse por un intre para estár no seu lugar de confort.
O seu enfado esvaécese cando lle contas algo novo, algo que realmente lle interese e que a motive por aprender.
Cada día doume conta de cantas veces actuei coma ela, de cantas voltas da a vida, do difícil que é aprender unha lección a base dos erros dos demáis, do pouco que nos enteramos do que nos rodea.
Sempre recordarei o serio que era cos seus anos e o ben que me viría agora. Ir sempre ao contrario é moi difícil, a corrente trata de levarte coa maioria.
Hai quen naceu para descubrir as terras recónditas que se atopan río arriba. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario