viernes, 4 de septiembre de 2015

Darwing

Este home cruelmente realista retratou ao mundo coas súas teorías.
Subiu a bordo dun fermoso barco veleiro e navegou polo mundo, unhas vacacións continuas amparándose na excusa de estar traballando. Visitou os continentes máis lonxanos, cruzou bastos océanos e mares, divisou selvas, desertos, ríos e montes ata que chegou o momento da verdade, o momento onde demostrar a súa valía y esforzos.
Despois de anos de boa vida plasmou os seus estudios nuns libros. Libros repletos de anotacións, debuxos, anécdotas, curiosidades, rutinas, observacións. Os seus superiores faltos de tempo para ollar cada un dos recantos de cada unha das caras de cada unha das follas de cada un dos libros esixíronlle algo breve a modo de síntese...
'o home é a excepción das miñas teorias'

No hay comentarios:

Publicar un comentario