viernes, 21 de junio de 2013

Todo o que me dixeches

Parece que non, pero as veces escoito aquelo que me din, que na maioría de casos é polo meu ben.
Sempre é unha aventura, ao principio todo é estrano e pensas que eres idiota facendo isto que non ten sentido. A paciencia vaise esgotando pouco a pouco pero se es quen de soportalo un intre suficiente ao final chega un inesperado xiro que o convirte todo en maxia, que fai que todo valga a pena, que o esforzo esté recompensado.
Claro que te escoito e penso no que dis, interprétoo, porque son así de complicado, e saco as miñas conclusións.
Nunca queiras a ninguén máis do que te quere a ti.
Non o podo comprender... quizás algún día o entenda, ou quizás un día acabe por darche a razón.

No hay comentarios:

Publicar un comentario