domingo, 15 de septiembre de 2013

Viaxe #3

Segundo e por agora derradeiro día da miña vida espertándome nos Alpes, aos que sen querer xa botaba de menos. Montañas pertencentes á mitoloxía chamábanme sen acougo implorando a miña presenza, pero tiven medo e por primeira vez, non terceiro día da miña aventura, dinme conta que debía rematala.
Volvín á vida real despois de case trinta horas no meu paraíso persoal, e non me gustaba o que vía, non me gustaba para nada.
Escollín a fuxida antes que a rendición e tras sete horas de non facer nada espertei. Os trens pararon e a miña ambición era buscar un sitio no que durmir.
Foi unha noite curta onde o meu pensamento so se centraba na fuxida pasada e na fuxida inminente.

No hay comentarios:

Publicar un comentario