domingo, 15 de septiembre de 2013

Viaxe #4

Sen moita enerxía so pensei en avanzar e así o fixen.
Os meus ollos non o vían pero eu sabía que estaba alí e confiei. Comecei a subida ao Tourmalet sen decatarme, a máis de cincuenta kilómetros da súa cima. Non daba avanzado, non podía entendelo, a estrada semellaba un plato... ata que mirei para atrás e todo cobrou sentido. Unha hora despois a miña desesperación crecía coa pendente ata que comezou o porto e todo tornou fermoso.
Aquela cascada refrescoume, nunca esquecerei esa sensación de liberdade, de velocidade cos pes na terra. Foi o maior sufrimento de toda a viaxe e sendo honesto foi o que menos recompensa tivo. O meu medo volveu a facer aparición e negoume a posibilidade dunha conquista maior.
Aquela vista da neve quedará na miña retina ata que outra a poida sustituir, Lourdes protexerame.

No hay comentarios:

Publicar un comentario