jueves, 18 de julio de 2013

Ao pasar de mil

Foi de repente, como todo o inesperado, cambiou a túa actitude e o universo deuse conta.
Así de repente, como todo o inesperado, aparecen os raios de sol entre as copas das árbores para mostrarche onde estás, para guiarte.
Tan de repente, como todo o inesperado, pode ser unha película, a choiva, un bico, un soño, unha canción, un regalo, un adeus, un reencontro, a neve, unhas pequenas pedras...
Todo o inesperado fai que caias ou voes, pero cambiará o teu estado, fará que te movas, que espertes, que reacciones.
Onte foi un día lungo, de máis de mil horas, con máis de mil pulsacións, con mil bágoas, con mil historias, con mil sorpresas, con mil recordos, con mil sorrisos, inesperado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario