martes, 9 de julio de 2013

Tramonto = ilusión

A ventana aberta permitía respirar ese aire viciado pero fresco. Asomeime para saciar a miña curiosidade, e degustarme con ese intre onde dubidas se as túas predicións son fruto da razón máis imparcial ou da impulsividade dos teus sentimentos. Foi nese intre onde o ceo se veu abaixo. A auga levaba consigo meses de problemas e nubes, lavando e incluso arrancando todo aquelo superficial e impuro.
Agora está lavado e non me importa, dirás o que queiras pero os actos sempre falan máis alto do que as túas palabras poden gritar.
Estarei perdido, porque as miñas marcas nas rúas foron borradas. Se queres acompañarme terás que adaptarte, non te vou a seguir. Escarmentei suficientemente como para deixar ao meu instinto, e seguir os pasos que me levaron a errar.
Estou moi cansado, pecharei os ollos para ver onde me dirixo, sen deixar de estar atento, recordando o pouco que aprendín, esquecendo o pouco que me regalaron, vendendo todo o que poida ter valor para comprar paciencia e con ela aturarte.
Mañá levantareime sen fame, un día lungo e productivo e ti non poderás impedilo.
Un ano despois todo volve a comezar. Benvido á aventura.

No hay comentarios:

Publicar un comentario