jueves, 25 de julio de 2013

Feliz día do Apostol

25 xullo, volve a ser o día de Galicia, ese día onde a nosa terra e a nosa xente volve a ter o seu momento de repercusión, onde todo o mundo quere saber de nos e das nosas festas.
Aquí se amosa a nosa historia, aquí volve a escribirse unha volta máis esta mensaxe nunha fría lousa.
Eu creo que é suficiente.

Son estudiante de enxeñería de camiños canais e portos. Estudiei os sistemas de seguridade para controlar a velocidade dos trens. En concreto estudiei o sistema de control por balizas, sistema totalmente seguro onde a falta de funcionamento provoca a detención do tren. So o bo funcionamento do sistema permite moverse ao tren, protexéndoo de superación da velocidade e posibilidade de colisións pola proximidade de trens na mesma via. Este sistema é a referencia a nivel estatal, en teoría instalado en todos os kilómetros de vía férrea.
Cando escoito ao responsable de Adif dicir que non hai balizas en catro kilometros antes de Santiago... que se pode dicir ante iso? Non teño palabras.

Hoxe é o día dos loitadores dos confíns dos verdes castros. Valeroso clan que non escoita ao seu himno e que esquece o seu pasado e todas as inxurias da historia, isto non se borra con bagoas. Esperta do teu sono fogar de Breogan... esperta pronto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario