sábado, 20 de julio de 2013

Epístola

É totalmente distinto. Non che importa o máis mínimo, xa podo dicir mil cousas que non che importa e esa falta de interés faime sentir estúpido... iso non o vou a permitir.
A miña concentración vai a continuar centrando os meus movementos e iso non o podes disturbar, porque non o vou a permitir. Prescindirei de todo o necesario por moito que me guste, por moitísimo que me guste. En ocasións os demáis tamén cometen erros e teño que deixar de asumilos. Responsabilízate das túas accións, cómete o orgullo e asúmeo, as desculpas sobran, demóstrao con actos.
Sí, é verdade, estou moi enfadado, pero non me vai a influir. Volvín a ser xeo no medio do verán. Volvín a ser xeo no confín da montaña. Volvín a ser xeo mentres o corazón é un volcán.

No hay comentarios:

Publicar un comentario