martes, 2 de abril de 2013

Carta á lúa

Querida lúa:
O encabezamento dunha carta nunca foi tan preciso.
Son eu, o sol. Aquel que sae perseguindo os teus pasos para poder verte, aquel que apura o seu tempo para estar contigo, aquel que intenta conseguir iluminarte... non cho boto en cara, sei que estás na mesma situación, seino.
Eres ti a que me di que hai que ver o lado positivo das cousas: se te das conta sigo igualmente levantándome por ti, e propoñendome facerte brillar. Quero seguir escoitándote, sendo o teu confidente, o teu apoio, o teu alivio, a túa distracción... que estés cómoda, que sexas feliz... que queiras facerme feliz.
Un bico princesa

No hay comentarios:

Publicar un comentario