martes, 9 de abril de 2013

Felicidades Principiño

Os teus netos non se cansan de escoitar as túas historias de viaxes e anécdotas, os teus encontros con xentes diversas, o teu contacto co natural... encantaríame saber en que te convertiches... en rosa, en baobab, en raposo, en rei, en serpe, en faroleiro, en borracho... eu sempre quixen ser o principiño. Sempre quixen limpar os meus volcáns lonxe de vaidosos, coidar ao meu planeta porque é meu, escoitar aos demáis por moi alonxados que estén das miñas crenzas, amar a miña rosa... sempre pensei que tiñas razón, os nenos ven todo doutra maneira, doutro xeito, poderán dicir que é máis simple pero xa o dixo Ockham... agora todos os problemas proveñen dos números. Convertinme nun contador e administrador de estrelas, soa moi mal, eu quería ser raposo ou serpe... e nunca cheguei a debuxar un año, nin unha boa aperta nin pechada.
Aprendín moitas cousas de ti principiño, pero por moito que me avisaches foi inevitable, o meu derroteiro é ser un xeógrafo. Non te poñas triste, teño ben aprendida a lección de non pedirlle a ninguén nada que non poida cumplir, pero sobre todo, sempre irei paseniño cara a fonte. 
Gracias.

No hay comentarios:

Publicar un comentario