jueves, 25 de abril de 2013

San Maximiliano María Kolbe

A esas horas onde non se sabe ben se é hoxe ou mañá, onde a noite é tan longa que xa se considera día, o corpo repousa sobre o tellado. Agotado e desilusionado a espalda capta a pouca calor que puidesen ter as tellas gardado do sol pasado. 
O medo ás alturas convírteo todo nun xogo perigoso e tenso que ralentiza os movementos para centrarse nos pensamentos. O agotamento mental invade todo dunha rabia contida por todos os malentendidos, por todas esas incorrecións, por toda esa falta de detalles que brotan no momento da incoherencia. É un xogo perigoso onde o cansancio acaba por aburrirte, onde se prefire calar antes que volver a errar. A indiferencia apodérase dun corpo cheo de iniciativa.
Todo se pode reducir ao máis simple, ou á terceira negación, sen embargo a escala de grises pode ser infinita. Personalmente creo que se queres que te coñezan tes que deixarte, senon serán esforzos innecesarios, totalmente en vano.

No hay comentarios:

Publicar un comentario